menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Nadal

19 0
23.12.2023

Un home que camiña, pausado e meditabundo, entre as gabias da viña das Searas, tenta esgota-las poucas horas que lle quedan denantes de marchar canda os seus. Achégase o tempo do Nadal e, polo tanto, uns momentos de convivencia íntima á calor da fogueira familiar; son tempos acaídos para o goberno da persoa e maila estirpe. Porén, pensa Solovio mentres inspecciona o estado da súa cepa, tamén constitúen uns intres doados para a reflexión, serea e firme, sobre o acontecido durante o ano que remata ca finalidade de tirarmos conclusións e, dende a experiencia acumulada, tomármo-las decisións a implementarmos no novo período que se anuncia no horizonte. Mentres repasa suavemente cos seus dedos aquela arquitectura barroca de madeira, o home reafírmase en que a vida ten que segui-lo seu curso natural e que as necesidades deben tornar en desexos, non ó contrario, ó tempo que estes erixírense, de........

© La Región


Get it on Google Play