Na noite de San Xoán
Debruzado na varanda que delimita o pequeno espazo ocupado polo banco de Puga en Toén, o home síntese un galego plenamente orgulloso e feliz. Como acontece dende hai séculos, cada noite do vinte e tres de xuño a Galicia tradicional, a miña Galicia de seu, está de festa; pensa Solovio ó tempo que, baixo a luz brillante dun solpor especial, esculca polo miúdo o percorrido que, preformado e habitual, segue o pai Miño a través da porta de entrada ó territorio histórico do Ribeiro. Galicia, a patria secular representada na metáfora que relatan unha man chea de ditos, de ritos, de mitos e mais de lendas, celebra unha das datas máis antigas e senlleiras do seu calendario primordial, repite tentando afirmarse no seu patriotismo. Galicia, a bendita terra dos meus devanceiros, festexa unha noite na que a tradición do solsticio de verán toma a forma de esperanza salvadora dunha continuidade........
© La Región
visit website