menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Morte e resurrección

11 0
21.09.2024

Ó tempo que movía en círculos a copa de ribeiro que sostiña firme na man, Solovio matinaba en que non só a confrontación; isto é, a dialéctica establecida entre os contrarios, constitúe un motor do dinamismo vital. Todo aquilo que ten vida na natureza atópase sometido tamén ó influxo dun proceso en continuum que lle sinala o percorrido a seguir cara á conquista do devir. Consonte a isto, afirmouse, tódolos nosos procesos vitais activos son unha sucesión de estadios delimitados polo tránsito dende unha situación de morte até outra de resurrección. Deste xeito, pensaba, ámbolos dous episodios constitúen unha secuencia de fases necesarias que operan tanto na existencia humana concibida de forma unitaria coma no proceso evolutivo da especie cando esta tómase no seu conxunto. Quizabes, a algo disto referíase o conservador irlandés Edmund Burke cando escribía aquela sentenza política........

© La Región


Get it on Google Play