A vida segue igual
Papi, quen escribiu Arredor de si?, preguntóulle-la pequena mentres preparaba o seu exame de literatura galega. O home, cheo de orgullo, quixo explicarlle á filla moitas cousas; entre elas, que estudaba esa materia, e na súa lingua, grazas a un labor de moito tempo. Mais tamén, por un esforzo político e social batuxado de demasiadas voltas e reviravoltas ó tempo que tinguido de suor, de bágoas e, nalgunha ocasión, de sangue. Porén, o pai optou pola prudencia para non corre-lo risco de endemoñárlle-lo seu espírito adolescente e cinguiuse a relatarlle que o mestre Otero Pedrayo narrara a descuberta da súa condición existencial galega, e o seu corolario galeguista, a través da figura do mozo Adrián Solovio. O texto describe, parágrafo a parágrafo, contáballe o pai emocionado, o itinerario dun rapaz inseguro que, mergullado sen sabe-lo nas néboas dubitativas e mestas da nación, foi quen........
© La Región
visit website