Á calor da friaxe
Aquela noite fría de inverno ourensán, Solovio séntese con gañas de atopar explicacións. Ó abrigo dunha botella de Ribeiro, degustada no salón dun piso en Ourense diante dunha cheminea na que as lapas crecen alimentadas polo bioetanol, lembra os tempos de estudante de Veterinaria en Lugo, daquelas, cidade aínda enxebre. Recorda que, cas necesidades esenciais cubertas, vivía nun piso compartido que se erixiu no escenario perfecto para unha experiencia prístina de aprendizaxe sobre a tolerancia e a convivencia. O parrulo fuxira do niño materno por vez primeira co gallo de enfrontarse a un exercicio de responsabilidade a desenvolver ó abeiro da obriga moral de comeza-lo camiño que o conducise cara o futuro.
Polas noites víase decote unha luz acesa na Rampla de Claudio López. Eran uns momentos de duro estudo mais tamén de grave meditación para a concepción de proxectos, de soños e........
© La Región
visit website