Centenario da morte de Filomena Dato
Filomena Dato Muruais naceu o 26 de xullo de 1856 no nº 10 da rúa ourensá de Cervantes que era propiedade da familia Gallego da que formaban parte a arquiveira Olga Gallego Domínguez e os seus irmans Pilar e Luis. Bautizáronna o 27 de xullo na parroquia de Santo Domingo. Tamén viviu nas ourensás rúas do Vilar, no número 6 da praza da Constitución (hoxe Praza Mayor), Hernán Cortés, fronte a casa do seu benquerido amigo Lamas Carvajal e no número 64 de Santo Domingo.
Filomena tivo catro irmáns aos que estivo vencellada, sendo ela a maior: Juan, médico militar; José, tamen militar, que chegou ao rango de tenente coronel en Compostela e foi xuiz instrutor dos tristes acontecementos acaecidos co gallo do traslado do baldaquino no mosteiro de Oseira, en 1909, onde morreron varios veciños; Aurelia e Maravillas.
A personalidade poliédrica de Filomena, sociabilidade, cultura e sensibilidade logrounas amosar na súa obra poética que foi recoñecida en numerosos Xogos florais; consideráronna a digna sucesora de Rosalía de Castro
Filomena Dato morreu o 26 de febreiro de 1926 en Moruxo (Sada), sendo enterrada no cemiterio de San Vicente. O actual cura párroco testemuñou o enterramento da poeta:
“Que en el libro 33 correspondiente a defunciones, al folio 48 se halla una partida, que literalmente dice:
En el cementerio parroquial de la filial de San Vicente de Morujo a veintisiete de Febrero de mil novecientos veintiséis, se dio sepultura al........
