menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O día que coñecín a Alonso Montero en Ventosela

22 16
17.02.2026

Non foi unha casualidade que a mi primeira entrevista a Xesús Alonso Montero tivera lugar en Ventosela, Ribadavia, terra dos seus país, nun lonxano día de 1970, no que coincidimos nun acontecimento de campesiños do lugar. Sempre o relembraba nas ocasións en que nos atopábamos. Por pouco non cheguei a telo de profesor no instituto do meu Lugo natal. Pouco poido engadir a todo canto estes días se escribe del, mais alomenos teño a testimuña da relación que sempre sostivemos e o meu respeto e admiración. Marcou de xeito evidente o seu doble compromiso intelectual e político como comunista e galeguista ó longo da súa vida. Mesmo que nacera en Vigo, sempre se considerou ourensán.

Dos diversos espazos onde exerceu o seu maxisterio coido que a pegada máis querida para él estivo marcada en tempos duros na cidade de Lugo, da que eu son natural, mesmo que ourensán de estirpe e sentimento. Mesmo que teño falado dabondo sobre a súa vida, non lle gostaba nada falar das represalias sufridas tantas veces, senon de temas literarios, sobre todo do seu compromiso coa cultura galega e de Curros Enriquez, por quen sentía unha especie de devoción.

O seu compromiso político foi evidente durante........

© La Región