Aquel esforzo de recuperar a toponimia orixinal ourensá
Cábelle á provincia de Ourense a iniciativa e o mérito de ser o primeiro territorio de Galicia que, a comezos dos anos 70, con Franco aínda no Pardo, tomou a iniciativa de recuperar a maltratada toponimia orixinal, aínda que o nome pleno da capital e o conxunto do territorio tardaría algúns anos máis. Cando rastrexo os meus propios arquivos, xa que fun persoa ordenada e gardei todas as miñas publicacións en papel e principais gravacións de audio, atópome con aquelas gratas noticias e o recordo dos personaxes que os protagonizaron.
En 1971, por iniciativa da Agrupación Cultural Auriense, os profesores e intelectuais Otero Pedrayo, Ferro Couselo, Taboada Chivite e Xaquin Lorenzo (“Xocas”) enviouse ao Instituto Xeográfico Catastral un informe moi ben elaborado para a recuperación dos nomes adulterados. Os seus autores tiveron a iniciativa de evitar que o traballo tivese carácter de reivindicación política, senón de........
© La Región
visit website