menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Prontuario para unha fronte de esquerdas en Ourense

16 0
19.02.2026

Nun momento en que Gabriel Rufián reivindica a urxencia dun bloque progresista estatal, Sumar anda a voltas cunha refundación sen cambios substantivos e Podemos ratifica que vai por libre, o debate sobre a unidade da esquerda debería interpelar directamente a Ourense. A cidade leva dúas lexislaturas gobernada por un “bipartito encuberto”. PP e Democracia Ourensana protagonizan un pacto sen coalición formal que os populares sancionaron horas antes da investidura de 2019 e repetiron sen rubor en 2023. O que en Xénova se vai normalizando progresivamente -Guardiola en Estremadura, Azcón en Aragón- leva xa máis de seis anos funcionando en Ourense con DO, formación a encadrar no ultrapopulismo autoritario na liña de Vox. A cidade senta precedente nun debate que a escala española aínda non está completamente asimilado.

Os datos contradín a percepción dunha urbe socioloxicamente conservadora. Nas xerais de novembro de 2019, a suma de PSOE, Podemos-EU e BNG superou o 54% do voto na capital. Nas municipais dese mesmo ano até cinco candidaturas progresistas alén de socialistas e nacionalistas concorreron por separado, nunha exemplar demostración de minifundismo político: Ourense en Común (2.081 votos), Unidas Podemos (1.456), Ourense Mellor (1.090), Espazo Común (814) e........

© La Región