“La hoguera de las vaguedades”
La hoguera de las vanidades”, de Tom Wolfe, é unha sátira da Nova York dos anos oitenta, unha cidade dominada polo diñeiro, o poder, os medios e unhas elites cuxa representación de si mesmas non é acaída coa realidade. Ourense encamíñase cara á súa particular “hoguera de las vaguedades”. Achegan as eleccións municipais e regresan palabras tan difíciles de discutir como sinxelas de pronunciar: futuro, liderado, potencial, transformación, dinamización, escoita ou proxecto. O problema non é que sexan falsas, senón que poden significar case calquera cousa. A vaguidade política non sempre reside en non dicir nada. Ás veces consiste en dicir moito sen explicar como facelo. E esa distancia entre relato e realidade resulta nomeadamente desacougante nunha cidade que leva anos perdendo posicións sen saber que rol aspira a ocupar.
Ana Méndez, flamante candidata do PP á alcaldía, ofrece un bo exemplo. Nas súas primeiras intervencións concorren vivenda, transporte, servizos sociais, seguridade, barrios, comercio, investimento, emprego, termalismo, cultura e patrimonio. Tamén denuncia que, despois de sete anos de Pérez Jácome, o Concello non dispón dun plan estratéxico. Pero unha enumeración de eidos de actuación non constitúe por si mesma unha alternativa. Dinamizar o comercio, mellorar o transporte público ou potenciar o........
