O meu tesoro de papel
Tívenlle medo. Ó tempo, á treboada, á chuvia. E non por se me mollaba eu, senón polo libro. Sufro cando vexo que lle cae tan só unha pinga de auga, mesmo de orballo. Teño os libros por algo tan sagrados que, ó rematalos, quero que sigan igual que cando saíron da imprenta. Non os subliño, non lles dobro as esquinas, non os marco; ata non hai moito forrábaos, aínda que agora recoñezo que xa non teño paciencia para facelo. Iso si,........
