O caso do metílico
O 2 de maio de 1963 a prensa galega recollía unha nova tráxica: un taberneiro de Santa Eufemia, no concello de Baños de Molgas, falecía tras consumir bebidas alcohólicas manipuladas. A noticia, que podería parecer un feito illado, sumábase en realidade a unha das maiores crises sanitarias e alimentarias da España franquista: o chamado Caso do Metílico, coñecido tamén por moitos historiadores como a verdadeira “colza do franquismo”.
A intoxicación comezara meses antes, cando diversas empresas distribuíron alcohol metílico destinado a usos industriais para a elaboración........
