Aniversario da Biblioteca de Baños de Molgas
O martes, 7 de marzo de 1961, creouse a Biblioteca Pública Municipal de Baños de Molgas. Este sábado pasado, 7 de marzo de 2026, cumpríronse exactamente 65 anos. Ese día de 1961, eu aínda non fixera os dous anos; con esa idade, mal podía saber o que significaría para min aquel acontecemento, a creación daquela pequena sala de lectura e de cultura. Aínda así, non tardei moito en descubrir o seu verdadeiro valor.
Moitas veces dicimos que con tal ou cal cousa nos cambiou a vida. Eu confeso -aínda que poida parecer unha esaxeración- que a miña cambiou coa biblioteca de Baños de Molgas. É certo que, antes de descubrir o verdadeiro alcance,........
