A mochila da memoria
El mirouna de esguello. Ela estaba no asento do copiloto, suxeita a unha pequena mochila negra. Ían camiño de Muros.
De cando en vez, a nostalxia del estaba preñada de melancolía. A dela, pobre, flotaba polo pequeno espazo interior do vehículo.
El conducía. Ela cantaruxaba cantos gregorianos. El, escoitándoa, sorría. Din que a melancolía é o pracer de estar triste. Eles, os dous, estaban melancólicos, si, pero non tristes. Ían ó que........
