A Batalla de Guilford Ford House
O 15 de marzo de 1781 (fixo onte 245 anos) produciuse un dos enfrontamentos máis importantes da Guerra de Independencia dos Estados Unidos: a Batalla de Guilford Court House, na actual Carolina do Norte. A contenda enfrontou ás tropas británicas, dirixidas polo xeneral Charles Cornwallis, co exército continental americano ó mando do xeneral Nathanael Greene.
A batalla formaba parte da campaña do sur, unha estratexia británica que buscaba recuperar o control das colonias meridionais contando co apoio dos colonos leais á Coroa. Con todo, a resistencia das milicias e do exército continental complicou........
