44 años despois. Lembranza dun mozo de Guamil
Tiña 26 anos. Era de Guamil, no concello de Baños de Molgas. Era. Porque na tarde do luns 22 de marzo de 1982 -fixo onte 44 anos-, na localidade biscaíña de Sestao, un atentado terrorista no restaurante Rancho Chileno acabou coa vida de tres membros das forzas de seguridade. Entre eles, o inspector de policía Alfonso Maside Bouzo. Un rapaz aínda.
O ataque produciuse nun contexto de forte tensión política e social no País Vasco, onde a actividade de ETA era especialmente intensa. A organización terrorista levaba a cabo atentados de maneira sistemática co obxectivo de desestabilizar o Estado e promover a súa ideoloxía independentista mediante........
