O Rizo e a cara amable dunha época
Se un se coloca dun xeito aleatorio perante unha fotografía do “artesán” Manuel Outumuro é posible que o primeiro flash que reciba teña moito que ver co concepto da elegancia. Dá o mesmo que o -ou a- protagonista teña de seu unha beleza serea ou unhas faccións rexas, que a elegancia emerxerá sen solución de continuidade por entre as luces e as sombras do retrato. Isto fíxome lembrar ó “Rizo”, aqueloutro fotógrafo -tamén artesán- que foi quen de sobrepoñerse ós tempos escuros doutrora e retratar a cara amable dunha época.
N aceu, José Vázquez, na aldea de Casasoá, pertencente á parroquia de San Xoán de Camba, no concello de Castro Caldelas, o 16 de febreiro de 1917, no seo dunha familia labrega e traballadora coma tantas outras.
O pai, Antonio Vázquez Castro, ademais dos labores propios do campo, que compartía coa súa dona Asunción Arias Méndez, rexentaba un muíño alimentado por algunhas da moitas augas que conflúen finalmente no Sil.
Carente de todo contacto familiar coa fotografía, que non fose o recordo dun seu tío que si mantivera unha dedicación ocasional con ese negocio emerxente, o caso foi que José decidiu un día –moi novo aínda- que o oficio de muiñeiro non ía con el e que había ser a fotografía a que o había sacar daquel intramundo que se movía entre as sombras do pé do río, as leiras de Casasoá e as canellas da vila de Castro Caldelas.
As primeiras nocións do oficio foi buscalas a Ourense, pasando logo por Ferrol e supostamente por Vigo, aínda que é máis ca posible que fose no servizo militar onde debeu decidir que aquel sería o traballo ó que se dedicaría o resto da súa........
© La Región
visit website