Mayra Gómez Kemp
Vale, a estas alturas de semana xa escribíu sobre ela ata o apuntador, e alégrome que sexa así; pero os que temos certa idade e medramos con son do “Un Dos Tres” temos a obriga de dedicarlle como pouco esta columna.
Da vida de Mayra non vou falar porque aparece en todo canto artigo se publicou esta semana, e todo o mundo sabe dos seus traballos como azafata, cantante, contertulia, presentadora e todo o que se pode facer en radio e televisión, como ela fixo, converténdose nun referente audiovisual de moitos de nós.
E iso era xustamente, un referente, cando tiven a gran oportunidade de contar con ela de convidada no “Tequelexou” da TVG, recibíndoa xeonllo en terra como nunca tivera feito nin volvín facer. Recibía naquel plató á miña gran estrela de tantos anos, de quen tanto aprendín e con quen tanto me divertín.
Cando todos os contertulios falaban no pasamento de María Teresa Campos e lle chamaban........
© La Región
visit website