José Pelisio, o xastre-xornalista locuaz
Alén do lugar e data de nacemento (Ourense, 1866) e do nome de pía dos pais, Lisardo e Vicenta, as primeiras referencias biográficas sitúano en 1899 na Habana, procedente de Cienfuegos onde xa era propietario de “El Gran Oriente, la más popular y favorecida sastrería y camisería” da cidade portuaria e dende onde irradia non menos popularidade, tal como reflicte o xornal que dá a noticia da súa chegada á capital, non só felicitándose pola visita “después de cinco años de ausencia en La Habana, habiendo recibido, con este motivo muchas demostraciones de afecto”, senón tamén meténdose con el. “Pelisio -di o redactor- llega gordo como un pelexo d’o Riveiro y colorado como una manzana. Le deseamos grata estancia en esta capital”.
Para aquela, con só trinta e tres anos e unha mostra evidente de precocidade migratoria, xa lle dera tempo de crecer e converterse nun homiño en Ourense, cruzar o Atlántico, aprender os principios do corte e confección, montar -non sen dificultades económicas e de inquilinato- a devandita xastrería e mesmo “coquetear” coa masonería, que sería a que lle abriu as portas ó resto da sociedade cubana.
Pero isto non era máis có principio dunha vida vivida á presa e sen desazón, defendendo sempre os principios do liberalismo, non só como comerciante ou masón, senón como xornalista e sobre todo como editor, o seu auténtico “lei motiv” e a súa verdadeira paixón.
Coa xastrería a pleno........
© La Región
visit website