Xente cunhas ideas e outras
Escribiu Risco, falando do relativismo que profesamos os galegos e que tanto se nos afea por parte dos posuidores de inmarcescibles verdades que proclaman os habitantes doutros ámbitos xeográficos, escribíu Risco, dicíalles, que cando eses íncolas buscan a beleza nas súas terras, sendo estas como son, tan áridas e secas, como efectivamente son moitas delas, cando tal fan, adoitan levantar a ollada ó ceo e alí atopan a Deus. Concluía, se o recordo ben, que iso era así mentres que nós, ó ter unha terra tan fermosa, non precisamos erguer a ollada pra contemplar ó ceo e iso axudanos, non pouco, a ser como somos.
Don Vicente dicía o anterior dun xeito non tan rudimentario coma este que acabo de lucir eu e facíao sendo como era el un crente........
© La Región
visit website