Só por detrás de Camboia
Contan as crónicas que don Estanislao Figueras, presidente que foi do primeiro Goberno da Primeira República española, farto das trangalladas dialécticas e máis das cambadelas xurídicas que se traían uns e outros, os federais e mailos unionistas, non só con el senón entre eles mesmos, ausentouse dun consello de ministros e desapareceu durante uns meses. Ó cabo deles deron con el en París pois collera o tren e, nada de meditar durante cinco días, desapareceu… e punto e aparte. Cando por fin lle puideron preguntar pola razón que o empuxara a facer o que fixera, calada e sosegadamente, respondeu: “Señores vou serlles sincero, estou ata os collóns de todos nós”. Dito o cal non regresou ó goberno. De telo feito probablemente este país hoxe sería outro.
Acaso por iso este país sega a ser o de sempre. Algúns inxenuos demos por feito, dado que era e segue a ser necesario, que o ex presidente do Goberno galego acudiría a Madrid decidido a impor a sensatez e o sentidiño, o entendemento e maila política de Estado,........
© La Región
visit website