Que viva o caldo galego
Confeso ser un adicto ó caldo galego; preferentemente ó de grelos, pero tamén me valen o de nabizas e mesmo o de repolo. Levaba anos nos que, dada a súa pouca presenza nas cartas dos restaurantes do país, só adoitaba comelo no do “Café Varela”, en Madrid, pois nel dispoñen dun cociñeiro galego que ignoro se terá ou non o cordon bleu pero que merecer ben que o merece; tan bo é no seu oficio que con so ulilo según cho poñen na mesa, acordase un, sen maiores esforzos, do símbolo co que Enrique III de Francia o dotou, alá polo século XVI, a cruz do Espírito Santo colgando dun cordón desa color e non doutra ningunha. É un caldo, sutil e alado, que alivia o espírito de mil pesares.
Agora xa o podo comer no Abelleira, un restaurante de cerca de onde eu vivo.........
© La Región
visit website