O que non se escriba, non terá existido
Ando a escribir unha novela, o que non ten maior importancia. Élles algo que veño facendo dende que os forasteiros -que nas rías eran coñecidos como fodechinchos, como afoutos comedores de xureliños- moito se marabillaban ó ver ás nosas xentes mantendo as vacas nas gabias das estradas mentres termaban delas cun adival e pensaban nas súas cousas. “Moito queren os galegos ós animais que os sacan de paseo polas tardes”, comentaban entre eles os máis preclaros dos nosos visitantes. Agora as vacas non pacen nas beiras dos camiños, as máis delas; permanecen estabuladas e son muxidas automaticamente. Agora, aínda que quedan fodechinchos, que sexa por moitos anos, visto como anda a cousa por Compostela, empezan a ser denominados como turigrinos, Fáganse vostedes unha idea.
O........
© La Región
visit website