Non damos estragado o país
Hai anos, bastantes anos, por eiquí por onde eu vivo, había moitas abellas, moitas. O mel que producían era amantiño e doce. Que queren que lles diga, en realidade case que todo o mundo está ó tanto de que se non hai abellas a vida esmorece, degrádase, vaise indo coa mesma secuencia que unha exhalación doce, apenas apreciable a non ser que veña na nosa axuda o sempre solermiño paso do tempo. Sen que te decates do seu fuxidío transcurso, de súpeto xa todo cambiou. Xa todo é outra cousa. Se non hai abellas, a vida declina. Tamén se sabe que alá onde haxa ras tamén hai vida e teño pra min que tal afirmación tampouco non é mentira , do que se desprende que, onde xa non hai ras, nin cágados, empeza a non haber nada. É entón cando comeza o cambio que nos leva.
Hai anos que, por eiquí por onde eu vivo, non se ve unha abella. Seica, hai xa anos, que botaron un pesticida que protexese ós eucaliptos de non sei que doenza que os afectaba. Grazas a ese sobrehumana dedución produto da intelixencia humana, segue haber eucaliptos,........
© La Región
visit website