Eses esquecidos cámaras
Sempre se dixo (e aínda ninguén o negou) que vai o vello morrendo e vai o vello aprendendo. É certo. Tamén o é que vai o vello andando e vai o vello rosmando. Non é por nada, a min isto de que o vello rosme venme sendo un dos goces que aporta a vellez… sempre tan escasa deles, sempre tan avara co pracer de vivir. Eu rosmo moito. E tan a gusto.
Non é por nada, a min isto de que o vello rosme venme sendo un dos goces que aporta a vellez
Nas horas de lecer, cando xa fartei de ler ou de escribir, practico o pasming diante do televisor. Coido que ese intrépido lector que se aventura, semana tras semana, nestas liñas por medio das que converso con el semanalmente, entenderá que vexa programas deses nos que un non menos intrépido motorista, nos explica os perigos que afronta polos montes do Afganistán, ou outro tan intrépido coma el bocea rodeado de quenllas e candorcas, crocodilos ou cobras reais,........
© La Región
visit website