Democracia, reino, república
Onte, posiblemente levado dun mal aire, deume por remexer vellos papeis; os máis deles medio comestos xa pola humidade, malia que sexan moi poucos os inservibles, os inutilizados prá lectura, e abondo máis os aproveitables; uns pra unhas cousas, pra outras outros. Isto dito respecto dos papeis que levo visto. O problema é que son moitos máis os que quedaron sen revisar.
Agora lévame o demo, cheo de gañas que estou de seguir contemplando a realidade vivida hai xa trinta ou corenta anos logo de teren acontecido os feitos e os dicires que os papeis reflicten.
Neses centos e centos de papeis hailles de todo; dende diatribas tremendas, ou directamente insultantes, ata algunha que outra loubanza: porén o que se di moito, moito, non me afectan nin........
© La Región
visit website