menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Xesús Alonso Montero, cos deberes feitos

18 14
14.02.2026

Marchou “durmir fóra” don Xesús Alonso Montero. E cos deberes feitos. Poucas vidas se poden comparar coa súa, por longa -97 anos- e por intensidade produtiva no compromiso cultural -e social e político- co país. E marchou moi activo ata hai poucos meses. Se cadra a súa última cousa publicada foi un artigo na revista Raigame dedicada a Ferro Couselo e presentada o pasado día 16 de xaneiro. O seu artigo, moi do seu gusto, con sabor de s. XVIII, “A miña homenaxe a don Xesús Ferro Couselo: ó cidadán, ó polígrafo e a quen foi o meu guía e o meu erudito valedor cando eu era estudante universitario”, pódeno ver na web, pois Raigame está toda nela.

Seguramente con el fóisenos o derradeiro orador clásico dos nosos tempos; un amante da palabra moída e remoída, saboreada, estudada, comunicada con cariño e intensidade; por veces con carraxe e vehemencia; pero sempre, sempre, engaiolante. As súas intervencións atrapaban a un oínte que admiraba esa mestría. O seu discurso era un fío contínuo, cun inicio estudado, un........

© La Región