Vinho do Porto, chocolate suízo e pulpo do Carballiño
Gústame a cociña e non se me dá mal, pero nada de modernidades epatantes. O meu é a cachucha prensada, o dente, os arroces de marisco, caldo con unto, vamos, cousas normais. Polo tanto, abstéñanse de botarlle chocolate ou viño do Porto ao pulpo do Carballiño a pesar de iren xustos no título. Hoxe, voulles ofrecer unha idea de negocio que creo que sería moi rendible e que se alguén a quere seguir, que sexa libre de facelo. E se cos seus beneficios quere convidar a unha caña, a un viaxe en iate de cando en vez, sen problema, estou aberto a gozar da xenerosidade allea. A verdade é que non teño vontade de agora, de vello, meterme empresario de alimentación. Mais cóntolles dun “nicho de mercado” virxe que vexo, sen moito investimento, e xogando coa psicoloxía das masas.
Como saben, no Porto non hai cepas. O chamado “vinho do Porto” é elaborado adegas arriba do río e só chega ás caves de Vila Nova de Gaia -que nin........
© La Región
visit website