Un día xeopolíticamente triste e preocupante
Creo que, hoxe, o recoñecemento do estado de Palestina é un grave erro. Entendo a idea de Sánchez de querer liderar un proceso en Occidente, pero sobreactúa en falso, porque só o move interese de política interior circunstancial. Na actual radicalización, non hai cambio de voto de bloque a bloque, e Sánchez trata de “pescar” votos para as Eleccións Europeas dentro da esquerda; porque a dereita está desoutra parte do muro que el dixo erguer cando as eleccións. Incluso a saída de ton de Iolanda Díaz coa utilización dun lema de Hamás -creo que por pura ignorancia- ata lle vén ben. E Sánchez, asumindo posturas illacionistas (nin participa na defensa do tráfico marítimo no Mar Vermello, nin axudou contra os mísiles de Irán) afástase máis dos países fortes de Europa.
Pero é que o Estado Palestino ademais hoxe, non existe; é unha entelequia. Díganme cales son as súas fronteiras? As da Autoridade Nacional Palestina........
© La Región
visit website