Torques do Castro, argumento para unha novela
O tema dos torques de Ansorena que se poxan a semana que vén e as dúbidas da Administración sobre a súa procedencia, lévame a unha reflexión. Como un tesouro é algo oculto que aparece, a súa orixe adoita ser difusa, mesmo porque a propiedade non está sempre clara. Do propietario da finca? Da persoa que o topou? Do encargado da obra de remoción? Do Estado? Por iso, só os que aparecen en escavacións arqueolóxicas -case ningún- teñen “trazabilidade exacta”. Incluso se di que apareceu noutro sitio para que ninguén vaia remexer no lugar certo. En paralelo, voulles dar un argumento dunha novela por se alguén se anima. Os parecidos que poida ter coa realidade non deixarán de ser, claro, meras coincidencias.
Corría o ano do noso señor de 1939. A guerra acababa. O, chamésmolle, Antonio o Gaiteiro, desacougado e emprendedor, compra un terreo para ampliar as viñas. O viño, o sangue novo para revivir a terra. Ao terreo chámanlle O Castro de Beade. A zona é plana. Moita pedra cortada, ciscada,........
