Sobre chuletas, etc
Calquera que sentase detrás dunha mesa de profesor tempo abondo ten que contar. E estes días, vendo que o tema de moda nas PAU, Abau, selectivo ou como lle chamen esta temporada, era o dos medios tecnolóxicos para evitaren a copia nos exames -incluso saíu neste xornal o outro día a foto dunha “chuleta”, malísima, por certo-, viñéronme á cabeza unhas cantas cousas de “copistería clandestina”.
Empecei con tratos con ese mundo alá por 1983 nos Salesianos, pois aínda que sempre fun bastante especialista en facer chuletas -logo llo aclaro- nunca as usei. Daquela, alí, un alumno un tanto despistado -por iso o cachei- usaba un método ben curioso. Tratábase dun pequeno aparello construído con dous anacos dun bolígrafo BIC cristal, unidos con dous arames ríxidos e unha goma elástica que facilitaba que unha megachuleta -un metro de longa por sete centímetros ancha- enrolada en ambos extremos, xirándoos fose pasando dun ao outro tantas veces........
