Portosanto, de Rodrigo Costoya
O ter participado cunha comunicación sobre Afonso X e Ourense no festival Al-Majisti -moi ben organizado polo concello da Veiga, por certo-, os días 17, 18 e 19 de maio, permitiume coñecer terras, xentes e vivir experiencias novas. Xa se sabe que un aprende cos ollos, coas orellas, cos libros e cos pés. E nese festival que uniu astronomía, literatura e música coñecín un escritor que non coñecía -pero co que, falando, acabamos tendo amigos comúns- e que presentou alí un libro. O escritor é Rodrigo Costoya Santos, a obra “Portosanto”. E como se dá o caso que neste momento acabo de lela, compráceme falarlles dela, por ver se se atreven a lela. A novela, a súa ópera prima, editada en galego -versión orixinal- e autotraducida -tamén hai versión en castelán- é unha novela histórica de peso (965 gr. para ser exactos), de 20 x 13 cm., extensa -871 páxinas-, da editorial Toxosoutos dentro da serie Narrativa Histórica.
A verdade é que é unha........
© La Región
visit website