Orellas de burro para Vox
De Vox gústame o nome. Clásico, soa culto. Ou electrodoméstico. Ou dicionario. Que son boas cousas ambas. E que me perdoe o amigo Amador, pero nada máis me gusta deles. E desgústame o Abascal, entre outras razóns, porque son refractario aos vagos, aos tipos con barba puntiaguda que a erguen como mirando a un terceiro piso do horizonte e aos individuos que teñen solucións máxicas para todo, case sempre desde posturas extremas. Lembren que a cabeza, a boca e outras partes interesantes do corpo quedan no centro; cara arriba ou cara abaixo. Si. O corazón á esquerda e a carteira, á dereita. É como é.
Dito isto, estou encantado de que Vox rompese o pacto co PP, porque hai que alegrarse dos acertos dos amigos e dos desacertos dos contrarios. E si. A equivocación é un ben comunal do que todos botamos man de cando en vez. Vostede, amable lector, seguro que lembra algunha decisión que se lle puidese dar........
© La Región
visit website