Lingua e cambio de estratexia
Para min a cousa é clariña como unha noite de luar: ou deixamos de usar a cuestión da lingua como ferramenta de enredo político ou imos de cu. Explícome. Se con Franco os índices de galego-falantes eran moi superiores aos de hoxe -e escuso dicir que non había galego na escola nin era oficial nin farrapo de gaita- pois se cadra é que a política non é, nin por asomo, tan importante como alguén puidese pensar, e o primordial nesta cuestión é a vontade das xentes e as características da sociedade do momento. En cada unha das nosas bocas, sabémolo, non entran máis linguas cás que un quere ou ama. Para beixarse ou para falar. E nunca ninguén poderá lexislar sobre as linguas que queremos entren e saian da nosa boca.
A sociedade tradicional, si, falaba inercialmente galego desde a súa formación; gobernase quen gobernase; pensase o que pensase. Pero coa morte da sociedade tradicional -vaia o demo con ela e coas súas carencias, traballo infantil, minusvaloración da muller, escolas unitarias de mexar na corte,........
© La Región
visit website