1.600 soños rotos
Leo con desacougo a noticia de que en Ourense hai 1.600 baixos libres. As cifras moitas veces só fan meter un dedo nunha chaga que todos vemos aberta e que, con desagrado, nos fai desviar a mirada. Si. Non é preciso estar moi atento ao devir da vida cidadá para ver que os baixos libres, ociosos, vacantes, avanzan a golpes de vacacións. Moitos autónomos locais, maiores e desanimados, aproveitan os períodos de descanso para prolongalo definitivamente. Xa está. Non me vou facer mal sangue. Os fillos teñen outra forma de vida. Cerro.
Detrás desa cifra de 1.600 baixos libres hai 1.600 soños rotos. Ou moitos máis. Porque un baixo libre é un negocio pechado, unha ilusión nun proxecto que se veu abaixo, unha angustia, un soño roto e unha realidade moi dura
As cifras son frías. Por iso as matemáticas son exactas. Non hai compoñente humano que as suavice, só son cifras. Son dez, pero combinadas e repetidas son todo. Si. As matemáticas xogan á alza. Como a IA.........
© La Región
visit website