menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O anacronismo colonial do Día das Forzas Armadas en Vigo

14 0
27.05.2026

A celebración do Día das Forzas Armadas en Vigo na vindeira fin de semana non constitúe unha mera rotación protocolaria da loxística estatal. Estamos, en realidade, diante dunha operación de asalto ideolóxico de marcado carácter colonial, unha exhibición de forza que quere utilizar a fachada atlántica de Galicia como un simple decorado para o lucimento dun reseso patrioterismo español de fasquía uniformadora e centralista. Converter o espazo público da maior urbe galega, cidade de fonda raizame emprendedora, canda obreira e mariñeira, nun escaparate para as demostracións de forza supón un exercicio de militarismo rancio cuxo custo económico é inxustificábel. Trátase dun abuso do gasto público improdutivo no contexto de severas limitacións para os nosos servizos públicos, onde as prioridades urxentes haberían ser cuestións fulcrais como o saneamento das rías ou o investimento en atención primaria e dependencia, e non a pirotecnia belicista ditada dende........

© La Opinión A Coruña