menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

AP-9: a verdade xurídica fronte á mentira do medo

17 0
30.06.2026

Hai só vinte días falabamos nestas mesmas páxinas de LA OPINIÓN A CORUÑA da alarmante falla de ambición nacional e o tacticismo partidista que aferrolla ao Goberno galego fronte ao histórico acordo do Congreso para transferirmos a AP-9.

Porén, a insistencia do Partido Popular de Alfonso Rueda en sementar o medo e a confusión na opinión pública galega—aducindo unha suposta «cláusula trampa» que desprotexería a nosa Facenda— esixe volvermos ao asunto. Non para reiterar as mesmas análises políticas, senón para exercer a análise xurídica que cómpre, coa fin de desmontarmos, co Dereito Administrativo na man, as falsidades coas que o unionismo conservador agocha o seu complexo de inferioridade institucional.

A primeira gran falsidade que espalla o relato oficial da Xunta é que, ao asumir Galicia a titularidade da autoestrada, os galegos pasariamos a ser os........

© La Opinión A Coruña