A teima de Rueda coas baixas laborais
Asistimos á construción dunha narrativa tan falaz como perversa. Unha caste de tripartito fáctico —formado pola presidencia de Alfonso Rueda, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a priorización dun determinado xornal galego— decidiu situar no centro da diana o dereito á saúde dos traballadores galegos. A obsesión pola duración das baixas laborais (Incapacidade Temporal—IT—) non é un debate técnico nin económico; é unha andrómena mentireira deseñada para ocultar o deserto que eles mesmos sementaron na sanidade pública e a propia dureza estrutural do mercado laboral, nomeadamente na construción, hostalería, conserva, transporte de mercadorías por estrada, metal, coidados a persoas dependentes e actividades vencelladas cos distintos subsectores primarios.
No recente debate sobre o Estado da Nación, o PPdeG perpetrou unha moción que é un monumento á deslealdade cara ao paciente. Nela, instábase a un maior control e a unha maior facultade inspectora a respecto das IT. Pretenden........
