menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

IA Maternal

8 0
07.09.2025

Alguén díxome recentemente que deberiamos ver a intelixencia artificial (IA) como unha evolución do ser humano e que, do mesmo xeito que desexamos que aos nosos fillos lles vaia mellor que a nós na vida e, por iso, axudámolos en todo o que está na nosa man, deberiamos sentirnos satisfeitos se algún día a IA nos supere claramente en intelixencia. En resumo, trataríase de alegrarnos tamén polo éxito dos nosos outros fillos, os metálicos.

Son dos que pensan que, se non sucumbimos antes –o que podería acontecer pola nosa estupidez–, é moi probable que chegue un día no que teñamos desenvolvido máquinas máis capaces ca nós en todo. Pero, chegado ese momento, se aínda estou entre os vivos, o meu sentimento, máis que de pai orgulloso, sería seguramente de enorme preocupación........

© La Opinión A Coruña