Editorial | O Deportivo da Coruña
Vista del estadio de Riazor / CARLOS PARDELLAS
Durante anos, A Coruña viviu a guerra do L que saudaba aos cidadáns que chegaban á cidade a través da avenida de Alfonso Molina. Os defensores do topónimo en galego retiraban a citada letra do nome escrito con flores decorativas na curva que daba entrada á longa recta de acceso á urbe.
A lea sobre esta cuestión proviña fundamentalmente do enfrontamento entre os defensores do nome en galego e un sector capitaneado polo alcalde da cidade que máis anos ocupou o sillón de María Pita, un Francisco Vázquez molesto polo uso da lingua cooficial e o topónimo que foi recoñecido legalmente no ano 1983 a través da lei de Normalización Lingüística, un pacto que puxo fin á longa noite de pedra da ditadura de Franco. Neses anos non só se menosprezou o........
