Que non pare a música!
HOMENAXE, memoria e reflexión son tres boas palabras para definir as arelas dos organizadores do encontro que tivo lugar no Marco de Vigo, onde se achegaron numerosos compañeiros, amigos e persoas que quixeron compartir un encontro sinalado pola emoción da ausencia, da perda tan cedo de quen deixou unha pegada imborrable nos que o coñecimos, porque tanto no seu labor profesional como crítico, comisario de exposicións ou xestor de entidades como a Fundación Luis Seoane; como no ámbito máis persoal, coa súa complicidade, cercanía e bo humor, foi quen de converter cada tempo pasado ao seu carón nunha experiencia de vida desas que se botan realmente en falla.
Foi o Consello da Cultura Galega o que levou ata a cidade de Vigo, a cidade de Alberto González-Alegre, a través da súa Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, unha xornada que foi homenaxe, polo que supuxo de celebración da súa persoa, mais tamén memoria, por lembrar como foi a súa maneira de traballar, de rachar moitas dinámicas no ámbito do comisariado, aínda moi........
