menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Da cela á paisaxe

5 0
04.12.2024

ABOFÉ QUE nos últimos anos estamos a vivir un periodo sen igual na poesía feita en Galicia. O incremento no número de poetas, recitais e publicacións, así como o respaldo dos premios, nomeadamente o Premio Nacional de Poesía, coa concesión do que é o maior galardón da poesía no estado español a nomes como os de Pilar Pallarés, Olga Novo, Yolanda Castaño ou Chus Pato ten, tamén, na afouteza de diferentes selos e coleccións das nosas editoras un sustrato máis dese bulir da poesía que, en canto ao territorio feminino e a súa creatividade, aínda se amosa como máis superlativo.

Un deses selos é o da Editora Apiario, da cal celebramos neste mes de novembro o seu décimo aniversario, dende que dúas poetas, Dores Tembrás e Antía Otero pensaron crear unha colmea en cuxas celas diferentes poetas puidesen amosar a súa obra, traballando, dende entón, xa non só na publicación, senón na realización de cursos e talleres que forneceron o traballo de nomes que agora amosan a súa madureza. Se a palabra apiario o noso diccionario a define como un «conxunto agrupado de........

© Galiciaé


Get it on Google Play