O fin da broma
DESPOIS dunha tempada en que as series de comedia sortearon as súas propias dificultades e gañaron o pulso ao drama, ou en termo amplo, ás series non cómicas; o movemento vén de ralentizarse e xa nin o humor chega para o entretemento. O sistema de produción non sabe ben onde apostar agora. As miniseries elevaron a televisión, as grandes superproducións fixeron o resto e cando o contexto semellaba máis surreal que a ficción, as comedias medraron como semente ao sol. Desa colleita queda ‘Hacks’, que afronta a súa derradeira tempada.
A existencia dunha personaxe como Deborah Vance no entorno da comedia é un aire fresco falto de vergoña. Admiro esa capacidade innata de existir no mundo por enriba da ética e da legalidade, non allea en calquera caso, pero si capaz de ir trinta pasos por diante dun pensamento cuase protestante no tocante á risa, é dicir, ao goce, é dicir, ao pecado. Claro que Deborah Vance, protagonista de ‘Hacks’, non é unha idea orixinal, senón unha velada homenaxe.
A persoa que pode trazarse facilmente como xénese desta cómica do insulto e rápida coa ocurrencia ofensiva é a defunta Joan Rivers. A humorista........
