menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Veráns con Conrad

5 0
10.09.2024

Estou afeito a pasar os veráns con Joseph Conrad. De moi novo estiven no Congo co Corazón das tebras; alá pola metade dos 2000 despachei nuns poucos días O axente secreto e Baixo a mirada de Occidente, a súa diloxía sobre os anarquistas na Europa de principios do século XX; despois da pandemia fun de vacacións a Costaguana, o fogar de Nostromo; o ano pasado crucei en Borneo A liña de sombra. Resulta curioso, porque a figura do escritor atráeme moito máis que as novelas, de aí a clamorosa ausencia de Lord Jim, o libro que moitos consideran a súa obra mestra. Non son eu home de mar e tampouco rematan de me convencer –coa excepción da miña debilidade, O axente secreto– os argumentos sinuosos, os capítulos sen proporción, os cambios de perspectiva...

No meu descargo preguntarei: a quen non lle resulta apaixonante a vida de Joseph Conrad? Para responder a esta pregunta atopamos........

© Galiciaé


Get it on Google Play