Unha biografía atípica
Unha pregunta frecuente dos lectores desta columna —si, a columna de crítica literaria e cultural segue a ter lectores neste mundo 3.0— ao autor é o método de escolla dos libros reseñados. O asunto é sinxelo: hai unha liña editorial e son libros que lle parecen interesantes ao crítico. Pero hai excepcións: son os libros que te asaltan, que chimpan dende unha mesa ou unha balda dereitos ás túas mans e que, despois dunhas poucas páxinas, xa non podes deixar, polo que rematan por meterse eles sós nas páxinas.
Ocorreu coa biografía de Marguerite Duras escrita por Laure Adler, publicada por Anagrama como novidade de feito —levaba anos fóra da circulación— e titulada co mesmo nome da autora. Dende a súa portada verde escuro unha rapaza mira de esguello e con faciana inocente un fotógrafo situado á súa dereita namentres sostén un gato nunha posición un chisco forzada. Non é a imaxe por........
© Galiciaé
visit website