Traxedias sicilianas
Coma en tantas outras cuestións, a interacción público-beneficio económico semella desastrosa. Si, poderíase traducir Na procura do tempo perdido, por falar dunha novela senlleira e case que inédita, mais a edición tería máis páxinas ca lectores. Non son experto no asunto, pero creo que esa ecuación non funcionaría ben. Por certo, tampouco axudan as políticas públicas sobre o asunto, fundamentais nun sistema cativo.
Por esta razón hai sempre unha ledicia en saudar a saída de certas obras chave para comprender como a humanidade, ou certas nacións, chegaron ata o punto no que se atopan arestora. É o caso dunha literatura italiana na que se atende moito —e con poderosas razóns— a clásicos coma Dante ou Boccaccio e relativamente pouco a autores doutras épocas coma Vittorio Alfieri, Umberto Saba ou Giovanni Verga. Unha das obras mestras deste último, Os Malagana,........
© Galiciaé
visit website