Sen casa
HAI MOITAS razóns polas que os meus estudantes poden odiarme, pero penso que a principal é polas chapas que lles dou aos que cursan Segundo de Bacharelato cos temas de actualidade. Os deste ano son boa xente e aínda non rosman moito despois do enésimo comentario de texto sobre a vivenda. Pero, claro, é inevitábel falar do tema do momento. Síntoo, rapazada: sirva este artigo como desculpa e aloumiño.
Os datos económicos de España dende o ano 2020 son, simplemente, asombrosos se atendemos ao que pasou no mundo: unha pandemia, unha postpandemia, unha guerra no leste de Europa que afecta ao gas e unha en Oriente Próximo que afecta ao petróleo. Os agoireiros prognosticaban unha recesión semellante á dos 10 e ocorreu xusto o contrario. Ocorre que ese crecemento non se trasladou en xeral á poboación: primeiro polo feito de que parte das subas de prezos responden........
