Reliquias
AÍNDA QUE os profesores temos o deber de manter a nosa neutralidade no ensino, as nosas ideas rematan por agromar ao pasar moitas horas con estudantes e compañeiras. Quizais por iso o meu comunismo é materia de brincadeira ano tras ano, o que se aproveita para facer os cursos máis interesantes. É gracioso porque nestes tempos declararse comunista é afirmar que un é unha especie de reliquia, máis vello ca unha árbore. Por que agora xa non hai comunistas, iso ten que ser cousa do pasado, por forza. Non si?
Porén, non se entende o pasado recente de moitos países, entre eles España, sen analizar a fondo o papel xogado nel polos partidos comunistas. E xa non digamos a súa cultura, posto que, a pesares dos esforzos revisionistas de moitos historiadores e pseudohistoriadores ao longo e ancho do mundo, ninguén pode negar que o mundo da arte e a literatura dos séculos XIX e XX non se pode comprender sen atender á........
© Galiciaé
visit website