Reducións
HAI UNS meses en certa rede social tivo lugar un debate, no que participamos entre outros varios autores deste suplemento, co gallo da publicación dun libro sobre a traxectoria de Asturias como autonomía. Sería posíbel facer algo así para Galiza? Todos estivemos de acordo en que, cando menos, sería necesario e en que as dificultades serían aínda maiores que no principado veciño.
Uns meses despois, tras a lectura de Galicia reducida escrita por Rodri Suárez e editada por Morgante, un dos selos de Rinoceronte, un servidor non pode máis que insistir na necesidade desa obra e lamentar a boa ocasión perdida; máis se temos en conta a escasa presenza no mundo editorial galego do ensaio sobre temática contemporánea e cun enfoque ao tempo divulgador, serio e polemista.
Todo ensaio, segundo unha teoría que non ten demasiado predicamento nin sequera entre os estudosos, depende do seu autor, pois ten un inevitábel carácter........
© Galiciaé
visit website