menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O sublime en Mondoñedo

9 0
24.09.2024

Eu viña aquí falarlles de que se cumpriron corenta anos da estrea de Amadeus, o magnífico filme de Milos Forman sobre a lenda literaria, que non a vida, de Mozart, ese músico que fai —aínda hoxe— que os seres humanos pensemos sobre onde se atopan os límites da nosa creatividade como especie. Un cabodano que coincide no tempo coa presenza en librarías de El Réquiem de Mozart, de Miguel Ángel Marín (Editorial Acantilado), unha especial monografía sobre a máis coñecida obra do xenio salzburgués a carón da ópera Don Giovanni.

Ocorre que os azares da miña vida profesional fan que nos vindeiros anos teña que pasar moito tempo en Mondoñedo e isto converteu a lectura do libro de Marín en algo persoal, posto que a cidade máis pequena da Galiza ten un papel fundamental durante boa parte da obra e achega un libro que podería estar afastado do interese do lector galego á realidade........

© Galiciaé


Get it on Google Play